compra de entradas

GUÍA DE COMPRA DE ABONOS E ENTRADAS PARA MORRIÑA FESTIVAL 2025

Xa están á venda dos ABONOS DE 2 DÍAS para MORRIÑA FESTIVAL 2025, que terá lugar o 25 e 26 de xullo de 2025 na Coruña.

Ademais, desde o 10 de abril , tamén podes adquirir as ENTRADAS DIARIAS a un prezo de 49,00 € gastos de xestión incluídos.

VACÍO

Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.

INFORMACIÓN PROCESO DE COMPRA
  • Durante o proceso de compra solicitaranse os datos de comprador (nome e apelidos, email, país e código postal).
  • Poderás seleccionar ata un máximo de 8 entradas por compra.
  • O único método de pago é tarxeta Mastercard ou VISA.
  • Terás 10 minutos para realizar a compra, se non finalizas a compra pasado ese tempo, as túas entradas liberaranse automaticamente.
  • Se nun tramo de entradas aparece a mensaxe «Esgotada temporalmente», significa que todas as entradas dispoñibles están nese momento na pasarela de pago dos usuarios que están a finalizar a xestión de compra. No caso de que estes usuarios non finalicen o proceso, as entradas volverán liberarse.
  • Cando as entradas estean definitivamente esgotadas, a mensaxe poñerá «Esgotado».
  • Lembra NON refrescar a páxina unha vez que esteas dentro da cola virtual ou perderás a túa posición
NOMEAMENTO DE ENTRADAS
  • Despois da compra, deberás nomear cada entrada cos datos de cada asistente (nome e apelidos, email, teléfono, data de nacemento, país e código postal)
  • Tes 60 días tras facer a compra para nomear a túa entradas, se a entrada non contén os datos do asistente, non poderá acceder ao festival. Finalizado o prazo, o nomeamento ou cambio de nome terá un custo de 5 € por entrada.
ACCESO DE MENORES
  • TODOS OS ASISTENTES DEBERÁN POSUÍR UNHA ENTRADA PARA PODER ASISTIR AO EVENTO, incluídos os menores de idade.
  • Política de menores: Non será necesario presentar as autorizacións de menores á hora da validación. Os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun adulto responsable en todo momento. En caso de dúbida pedirase o documento de identidade para comprobar a idade da persoa.
MOI IMPORTANTE !!
  • A compra do teu Abono será trocada por unha pulseira persoal e intransferible ao comezo do festival, na área de validación.
  • O prezo de lanzamento dos abonos é de 75 € gastos de xestión incluídos. Unha vez finalizado a cota de entradas a ese prezo, iranse abrindo os seguintes tramos a prezos superiores. Como mencionamos anteriormente, as entradas diarias teñen un prezo de 49,00€, gastos de xestión incluídos.
  • A organización de Morriña Festival lembra a aqueles interesados en asistir ao festival que SÓ AS ENTRADAS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DAS CANLES OFICIAIS serán válidas e darán, por tanto, acceso ao festival. Morriña Festival posiciónase rotundamente en contra da revenda e insiste en que as entradas adquiridas en webs de mercado secundario (revenda) poden non ser válidas, estar duplicadas, etc. Isto é algo que ocorre cada ano e provoca que moitos asistentes queden ás portas, así que rogamos que non se utilicen estas entradas para evitar posibles prexuízos.
  • Para poder acceder en todo momento ás túas entradas compradas, recomendamos rexistrar unha conta de usuario en Enterticket. Dese modo, poderás acceder ao teu panel de usuario e localizar as túas entradas facilmente. Pola contra, recibirás as túas entradas por correo electrónico tras a compra das mesmas.
  • Lembrámosvos que non debedes publicar fotos das entradas nin a súa QR en redes sociais.
  • Desde a organización de Morriña Festival, lembramos e recomendamos acudir ao festival coas entradas en formato electrónico, para contribuír así ao aforro de papel e coidado do medio ambiente.
INCIDENCIAS
  • Se tes calquera incidencia relacionada coa compra de entradas, podes contactar a través do seguinte formulario:

Formulario Incidencias Enterticket

MORRIÑA FESTIVAL 2025

Os días 25 e 26 de xullo agardámoste no Porto de A Coruña
para gozar da música dos teus artistas favoritos

Morriña Festival 2025
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións talles como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.